NO BICO UN CANTAR "Quen poidera namorala"

NO BICO UN CANTAR capítulo 7
“QUEN POIDERA NAMORALA”
EMISIÓN: 19/02/2013
¿Coñecen o tema “Quen poidera namorala”? ¿Saben quen o compuxo? ¿E un tema de amor quizais?- parece evidente ¿a que sí?. Pois disto falaremos no programa, a letra da canción é un poema dun dos grandes escritores en lingua galega de tódolos tempos: Álvaro Cunqueiro. De mozo, tiña especial predilección pola poesía. Así con 22 anos de idade en 1933 publica o poemario “Cantiga nova que se chama riveira”, onde aparece o poema: “No niño novo do vento” inspirándose nas cantigas dos trobadores medievais.
Os trobadores escribían os poemas para seren cantados e o poema de Cunqueiro quedaría orfo de música ata que en 1969 Paz Valverde fixo unha composición para a Coral de Porriño); pero sería en 1975 cando alcanzou o éxito coa versión de Luís Emilio Batallán e co nome de “Quen poidera namorala”.
Este tema está incluído no disco “Aí ven o maio”. As letras das cancións son poemas de Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso Emilio Ferreiro e son o reflexo dun momento de reivindicacións culturais onde os poetas galegos eran lidos e valorados por unha nova xeración de mozos, este era o caso de Batallán; O resultado foi un traballo de enorme calidade para a súa época e quedará na historia da música galega como un fito difícilmente superable.
No programa de hoxe falaremos con Luis Emilio Batallán que nos desvelará, entre outras cousas, por qué estaba enfadado Cunqueiro con el, o que lle dixo cando falaron e por qué lle outorgou o título de “Lord Batallán”. Tamén viaxaremos ó Universo de Cunqueiro e falaremos de poetas e de trobadores......
En definitiva, Alvaro Cunqueiro e Luis Emilio Batallán fundiron poema e música. Dous universos diferentes, que se mesturaron e, sin esa intención, formaron o perfecto trobador do século XX.
Esta cantiga así como a inmensa obra de Cunqueiro e os outros traballos de Batallán seguro que contribuirán a darlle o galego, tal como quixo don Álvaro que inscribiran na súa tumba, 1000 primaveras máis.

Пікірлер: 2

  • @manuelblanco9043
    @manuelblanco9043 Жыл бұрын

    Sublime viva a nosa terra

  • @magdalenagarcia3750
    @magdalenagarcia3750 Жыл бұрын

    Viva galiza