NO BICO UN CANTAR "Catro Vellos Mariñeiros"

NO BICO UN CANTAR Nº 19- CATRO VELLOS MARIÑEIROS
DATA DE EMISIÓN en Televisión de Galicia: 08/02/2014
O HIMNO DA MARIÑA LUGUESA
É un tema que nos produce unha sensación profunda de sentimento...” “Xa o escoitas a teus pais, teus avós.... é a nosa canción”......“Eu non son de Viveiro e cando cheguei aquí a 1ª canción que aprendín foi a de catro vellos”..... “ para nós e casi como a bandeira ou un himno que temos aquí en Viveiro”....
Así falan os da Mariña de Lugo deste tema de Catro vellos mariñeiros pero ¿existiron realmente estes catro vellos mariñeiros? ¿quenes eran? ¿é tradicional o tema?. No bico un cantar de hoxe desvelaremos estas e outras incógnitas deste tema.
Catro vellos mariñeiros e unha das cancións mais gravadas da música galega. A primeira gravación foi a do dúo María e Xabier no ano 1969 e outra versión tamén folk-pop posterior, do ano 1972, é a do cantante Xoán Rubia que a populariza moito en Galicia.
A Canción forma parte imprescindible das melodías galegas, unha homenaxe o traballo mariñeiro. É unha canción que se presta moi ben ó canto colectivo, ten ritmo de valse é a típica canción de taberna moi clara na súa estrutura e con repeticións moi pedagóxicas que propicia que sen saber a letra todos poidamos, alo menos, repetir as segundas voltas, (¡algo e algo!)
Pero resulta que a pesar de que moitos consideran 4 vellos mariñeiros unha canción tradicional, sen embargo, Xosé Travieso, un xornalista de Viveiro reclamaba en 1985 a súa autoría. Xosé tiña 22 anos cando a compuxo e os catro vellos existiron o que sucedeu foi que daquela non sabía que existía a Sociedade Xeral de Autores e non a rexistrou.
Deste tema, de como o compuxo e da figura deste xornalista coñecido pola súa sátira e a súa pluma incansable falaremos co seu fillo Javier Travieso Quelle. Un dos motivos da creación da peza era a morriña do seu Viveiro natal e o que menos pensaba o seu pai e que esta canción chegara a ter tanta popularidade.
O tema representa unha bucólica postal, a dos 4 vellos mariñeiros e no reverso da moeda están os que non volveron, os que o mar levou. Lembraremos o naufraxio producido en Celeiro pola Galerna, no ano Mil Novecentos sesenta e un; vinte barcos afundíronse na costa cantábrica, Os que viviron para contalo aínda se estremecen hoxe. Quedaron moitas viúvas novas nesa Galerna e morreron pais e fillos de quince anos.
Estaremos con mariñeiros que expoñen a súa visión do mar, aqueles ós que lle engancha tanto que, como din: “vaiseche metendo o salitre pouco a pouco no sangue” e xa non podes marchar del. Tamén nos dará a súa visión o mestre e historiador Vicente Míguez
As versións que No bico un cantar ofrecerá van desde as mais coñecidas como é a de Xoan Rubia; Escolma de Meus; unha peza ó piano de Xaime Estévez que che fai tremer; a interpretación de Treixadura; o mestre gaiteiro Xavier Blanco facendo unha das súas orixinais interpretacións, sen esquecer as versións mais clásicas e moitas outras que nos farán sentir a bonita historia do mar e dos catro vellos mariñeiros que bogando, bogando ían para Viveiro.

Пікірлер: 2

  • @manuelcoelho9415
    @manuelcoelho9415 Жыл бұрын

    Os galegos meus vesinhos gente alegre OS felicito

  • @manolibarreiro4350
    @manolibarreiro43507 ай бұрын

    Precioso reportaje 💞