NO BICO UN CANTAR "O Rodaballo"

“O RODABALLO”-
Emitido en Televisión de Galicia o 23 de agosto de 2013
O programa “No bico un cantar” estará dedicado nesta edición un dos temas máis populares da música galega, un conto cantado que todos coñecemos. Os protagonistas son un peixe, o rodaballo, catro mozos da Pobra, un vehículo, unha lancha de Marín, un patrón e unha muller, a filla do Cachirulo. Pero como en tódalas boas historias sempre hai misterios, misterios que se intentaran desvelar no programa de hoxe: existiron estes personaxe? é cancion do Rodaballo unha historia real? Quen era o Cachirulo? É o máis conflicto: é unha canción da Pobra ou de Marín?
Ademais na parte mais musical do progama escoitaremos magníficas versions deste tema. Entre elas a da cantante ferrolá María Manuela, que foi a primeira artista que gravou este tema en 1975 nun dos seus primeiros discos, “Cantigas ó meu xeito”. Pero tamén estarán o grupo Vellos Ventos, a Capela Lauda Síon da Pobra do Caramiñal, a Coral Cantigas e Agarimos, o grupo de corda A Camara Baixa, a interpretación particular de Xavier Blanco, a versión con zanfona de Anxo Pintos, a música da charanga Erisúa, e, por suposto, a participación espontánea dos veciños da Pobra e de Marín.
No programa veremos tamén como se pesca un rodaballo, coa arte máis tradicional, a arte “do espello” e, o máis importante, como se cociña. Descubriremos como era as famosas “lancha de Marín” e as súas características.
Será toda unha viaxe polas rías galegas que nos levará ata a de Ferrol para visitar tamén a casa-estudio da cantante María Manuela, porque ademais de cantar esta artista é unha prestixiosa pintora. María Manuela mostraranos as súas obras e percorrerá a través dos seus recordos a súa traxectoria profesional e persoal.

Пікірлер