NO BICO UN CANTAR "A Rianxeira"

Historia da canción "A Rianxeira", con versións de Xabier Blanco, Abe Rábade, Cuarteto Egeria, Xosé Romero, Emilio Rúa, Faltriqueira, Jobó e outros. Programa NO BICO UN CANTAR, emitido en TVG o 1 de xaneiro de 2013.
O Coro Castelao, na fotografía, gravou en Bos Aires en 1948 a primeira versión da Rianxeira, que titularían “Ondiñas da nosa ría”. Era unha composición do director do coro, Anxo Romero, que aparece de corbata no centro da fotografía, con letra doutro rianxeiro emigrado coma el, Xesús Frieiro “Pinciñas”, o cuarto pola dereita na fila superior.
Esta primeira versión, que estrearon para recibir a Castelao, o ilustre escritor rianxeiro, cando volveu a Bos Aires despois de deixa-lo cargo de ministro da República no exilio, enseguida se fixo popular, pero colleu maior auxe cando en Galicia tódalas corais comezaron a incluíla no seu repertorio, cos arranxos de Bernardo del Río, que a gravou en 1952 con Cantigas e Agarimos. Esta nova versión cambiaba tamén a letra. Mentres que na orixinal se falaba sobre todo da muller de Rianxo, as novas estrofas facían referencia á Virxe de Guadalupe, a protagonista das festas grandes dos rianxeiros.
De todas estas cousas tratará o primeiro capítulo de No bico un cantar. E mentres se escoitan distintas versións da Rianxeira, interpretadas con gaita, guitarra ou piano, irase descubrindo a historia da canción, coa axuda de Andrés Lojo, un dos homes que participaron na gravación orixinal en Bos Aires.

Пікірлер: 7

  • @user-bn3rh1ui1n
    @user-bn3rh1ui1n7 ай бұрын

    Me encanta estas Canciones Gallegas las llevo en cora.zon como gallega que son Lourdes Ibi

  • @josemanuelbarros4954
    @josemanuelbarros4954 Жыл бұрын

    Muchas veces las he cantado en mi juventud.

  • @monicalegnini1475
    @monicalegnini1475 Жыл бұрын

    Qué belleza😮❤

  • @adapena2169
    @adapena2169 Жыл бұрын

    A rianxeira ten duas partes musicais. A primeira está recollida por vez primeira nun cancionero de Segovia ao redor de 1910, baixo o título Encima de tí me pongo, referido a unha ponte. Ahí moitas cantigas que se teñen por galegas, pero moitas delas aparecen con outras letras en puntos dispares de España e Portugal, como neste caso. A segunda parte da canción fixoa Anxo Romero, e polo tanto é unha canción relativamente moderna. O feito de ter unha melodía sinxela e pegadiza interpretada por grandes cantantes fixo dela casi un himno, ainda que a historia contase a medias, coma neste caso.

  • @chungoable

    @chungoable

    Жыл бұрын

    Aporte usted mas y mejores datos para poder contrastarlos

  • @mariavargas3895
    @mariavargas3895 Жыл бұрын

    Que riqueza de música y de Gaitero.

  • @TeresaMaciamanchon-lu6yx

    @TeresaMaciamanchon-lu6yx

    Жыл бұрын

    Ñzvmeguzta