Fermin Muguruza "Hai algo aquí que vai mal"

Fermin Muguruza (Irun, 1963) Músico de proxección internacional, primeiro coas súas bandas Kortatu e Negu Gorriak, e logo en solitario. Comeza a realizar documentais en 2006, ano en que cofunda a súa propia produtora musical e cinematográfica TALKA RECORDS & FILMS, en que traballou como director, guionista, produtor e creador de Bandas Sonoras Orixinais. Foi galardoado por «Checkpoint Rock» no Festival Amal de Galiza como mellor documental, no Festival In-Edit de Barcelona como mellor documental pola serie «Next Music Station», mención especial no KRAFTA DOC INTERNATIONAL - ART MAKING FILM FESTIVAL de Glasgow por «NOLA?» e mellor película de animación no Festival Internacional de Monterrey por «Black is Beltza», así como o mellor deseño de son pola mesma película no Festival Quirino de animación Iberoamericana. Coa súa última película «Black is Beltza II: Ainhoa» recibiu a finais do ano 2022 a cegoña de ouro no festival de cine fantástico de Estrasburgo.
• FILMOGRAFÍA
• 2006 Bass-que Culture (documental)
• 2009 Checkpoint Rock. Música dende Palestina (documental)
• 2011 Next Music Station (serie de 11 documentais)
• 2012 Zuloak (documental-mockumentary)
• 2013 No More Tour (documental), co-dirixido xunto a Daniel Gómez
• 2015 NOLA? (documental)
• 2018 Black is Beltza (longametraxe de animación)
• 2019 Beltza Naiz (documental)
• 2022 Black is Beltza II: Ainhoa (longametraxe de animación)
Hai algo aquí que vai mal
Terry Hall, cantante de The Specials, morría o 18 de decembro do pasado 2022, un día despois da celebración do cabodano de meu irmán Iñigo, 17 de decembro, celebración coa súa ausencia presente 3 anos despois do seu falecemento. Había case 40 anos que Iñigo e mais eu decidiramos facer unha versión dunha das nosas bandas favoritas, e fixémolo co tema “It doesn’t make it allright”, transformándoo en “Hay algo aquí que va mal”. O meu irmán Iñigo encargouse da tradución libre dalgúns parágrafos, “Si alguna vez se te ha ocurrido, que hay algo aquí que marcha mal, si no piensa cuando corrías, detrás las Fuerzas de Seguridad...”, e eu encargueime do epitafio “ahora ya nada te importa, a ti ya todo te da igual, bajo tierra en un agujero, para ti no hay flores, descansa en paz”, e é que a morte, a angustia existencial, sempre estiveron presentes nas cancións de Kortatu, Negu Gorriak... e tras a desaparición de meu irmán todo pasa polo seu filtro e a síndrome do supervivente golpea cada paso que dou, así a influencia do existencialismo francés de Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir resoa en cada respiración, cada bocalada de aire pola que loito como asmático, como león asmático, como parte do noso ideario, sinal de identidade en toda a traxectoria vital e os seus diferentes artefactos contraculturais marcados polo selo “protesta e sobrevive”.
* Debido a un erro na gravación do vídeo os primeiros minutos da conferencia non hai imaxes (foron substituídas por fotos) e só hai a voz.

Пікірлер: 1

  • @crescencianovillalba3614
    @crescencianovillalba361413 күн бұрын

    Grande Fermi. 💪