Ana de Miguel Álvarez “Tempo das mulleres, tempo de feminismo… "

ANA DE MIGUEL ÁLVAREZ
Tempo das mulleres, tempo de feminismo… Acaso nin sequera o tempo ten sido, é o mesmo para mulleres e homes?
Reflexionar sobre o tempo impórtanos, e moito, a aqueles que, por definición, vivimos só un tempo, e que ademais nin sequera sabemos cando remata ese tempo co que contamos. Este choque de certeza e incerteza, sabemos que imos morrer, pero non cando…, ten arrastrado á humanidade a moitas das súas grandes creacións, a técnica, a arte, as relixións, a filosofía e a ciencia… non deixan de ser creacións co fin de aproveitar mellor ese tempo ou de darlle sentido, se se prefire. Creacións para consolarnos do pouco tempo, do lento ou do rápido que lle dá por pasar, para saltar sobre o tempo á posteridade…. Pero agarda, agora fálase moito do Tempo das mulleres, Tempo de feminismo… Por que? Acaso nin sequera o tempo ten sido, é o mesmo para mulleres e homes? Imos pensar un pouco sobre isto e as súas consecuencias, agora que aínda temos tempo... pero tampouco sabemos canto.
CV
Ana de Miguel Álvarez é profesora Titular de Filosofía Moral e Política da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Foi directora do Observatorio de Xénero e do Programa de Doutorado de Estudos Interdisciplinares de Xénero. Na actualidade dirixe o (xa clásico) curso de Historia da Teoría Feminista, fundado por Celia Amorós e que se imparte no Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid dende 1991 (32 edicións).
Ten publicado estudos sobre autores clásicos do pensamento coma John Stuart Mill, Alejandra Kolontai, Flora Tristán, William Thompson e Quasim Amin. Coeditou xunto con Celia Amorós a obra Teoría Feminista. De la Ilustración a la Globalización (3 vols.). Destacan os seus libros Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección, que acadou a 18º edición e Ética para Celia. Contra la doble verdad, que sendo publicado en 2021 atópase na 8ª edición.
Ten recibido, entre outros, os premios: Ángeles Durán á innovación científica en estudos de xénero (UAM), o premio Carmen de Burgos á divulgación feminista (UMA), o premio á excelencia investigadora (Consello social da URJC) e da Federación de Mulleres Progresistas. É comadre de ouro da Asociación de “Las Comadres” de Gijón.

Пікірлер: 2

  • @albafajula
    @albafajula6 күн бұрын

    increíble charla, muy reveladora e inspiradora!

  • @maripollo
    @maripollo3 күн бұрын

    Ana, no estés pesimista, ¡¡estamos trabajando!! Las mujeres jóvenes venimos con seriedad, rigor y fuerza.