Franco Bifo Berardi “Tempo, morte, abstracción”

FRANCO BIFO BERARDI
Tempo, morte, abstracción
No seu libro Orde do tempo o físico Carlo Rovelli fala da relación entre o tempo e a morte como a soa posibilidade dunha definición do tempo. O misterio da indefinibilidade do tempo explícase desta maneira: non hai tempo, hai acontecementos que se dan nunha dimensión que non se pode definir senón en relación aos acontecementos mesmos. Dende o punto de vista do suxeito que percibe os acontecementos que se desenvolven podemos falar de tempo só en relación á percepción dos acontecementos.
Eugene Minkovski fala de “temps vecu” (tempo vivido), para definir a relación entre subxectividade e sucesión dos acontecementos. Desde o punto de vista fenomenolóxico de Minkowski só podemos entender a percepción humana do tempo como relación do suxeito vivinte á morte. A remoción (Verdrängung) occidental da morte maniféstase a través da acumulación de tempo vivido (pero non verdadeiramente vivido).
O capitalismo é un intento (parcialmente exitoso) de escapar á morte, a través da acumulación de valor abstracto. Pero a outra cara do triunfo do capitalismo sobre a morte é a mortificación da vida.
CV
Franco Bifo Berardi (Bolonia, 1948) é filósofo, escritor e activista esquerdista italiano. Na época de estudante, e influenciado xunto con boa parte da súa xeración polo Maio francés, participou no movemento estudantil italiano de 1968. Graduouse en Estética na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bolonia e formouse con Félix Guattari. Foi un destacado activista da chamada autonomía operaria italiana durante a década dos setenta e, desde entón, desenvolveu unha prolífica obra crítica en que estudou as transformacións do traballo e da sociedade producidas pola globalización, especialmente en canto ao rol dos medios de comunicación nas sociedades postindustriais.
Foi fundador e colaborador de Radio Alice, a primeira emisora pirata do país. Foi tamén membro colaborador da revista A/Traverso entre 1975 e 1981. En 1978 chega a Nova York fuxindo do triunfo do neoliberalismo en Italia e no 2000 publica La fábrica de la infelicidad. En 2002 fundou "TV Orfeo", berce da televisión comunitaria en Italia. Actualmente é profesor de Historia Social dos Medios de Comunicación na Academia de Belas Artes de Brera (Milán).
No ámbito do ensaio debutou con Contro il lavoro (Feltrinelli, 1970) e, dende entón, ten publicado medio centenar de títulos. Destacamos algúns: "Felix" Narración del encuentro con el pensamiento de Guattari, cartografía visionaria del tiempo que viene, Editorial Cactus, Buenos Aires, 2001; La fábrica de la infelicidad, Traficante de Sueños, Madrid (2a ed. 2015); Generación post-alfa: patologías e imaginarios en el semiocapitalismo, Tinta Limón, Bos Aires, 2009; El trabajo del alma. De la alienación a la autonomía, Cruce Casa Editora, 2009; Bos Aires; Después del Futuro, Enclave de Libros, Madrid, 2014; La Sublevación, Surplus Ediciones, México, 2014; Héroes. Asesinato masivo y suicidio, Akal, Madrid, 2016; Fenomenología del fin. Sensibilidad y mutación conectiva, Caja Negra, Bos Aires, 2018; Futurabilidad. La era de la impotencia y el horizonte de la posibilidad, Caja Negra, Bos Aires, 2019; Respirare. Caos y poesía, Prometeo Libros, Bos Aires, 2020; Autómata y caos, Enclave de libros, Madrid, 2020; El umbral, Tinta Limón, Bos Aires, 2020; La segunda venida: neorreaccionarios, guerra civil global y el día después del Apocalipsis, Caja Negra, Bos Aires, 2022; e Medio siglo contra el trabajo, Editorial Traficantes de sueños, 2023.

Пікірлер: 1

  • @a.-bluetooth6118
    @a.-bluetooth6118Ай бұрын

    Immagina parlare del tempo, della morte, del nulla e del capitalismo senza aver letto/capito Severino

Келесі