A BANDA DA LOBA - E o mar (Luísa Villalta)

Музыка

Traca final da nosa particular homenaxe a Luísa Villalta este 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin.
"E o mar" é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer. Tralo Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia "Nunca máis".
Ficha técnica:
Letra: Luísa Villalta
Música: A banda da Loba
Sección de ventos: Adrián Real (trompeta), Lara Porto (saxofón alto), Diego Suárez (saxofón tenor), Cristóbal Fernández (trombón).
Coros: Adrián Real, Lara Porto, Diego Suárez, Cristóbal Fernández, Tomé Mouriño e A banda da Loba
Gravación e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
Vídeo: Seispés Producións Creativas
Agradecementos:
- Actrices:
Martina Lago - nena
Laura Rodríguez - adulta
- Arquivo Prestige:
Greenpeace
Corme vive!
Plataforma contra a Burla Negra
Coordenadora do Ensino Area Negra
Asoc. Cultural A Dorna - Dani Perilluco
Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
- Arquivo Pellets:
Greenpeace / Álvaro Lagos
Anxo Beiro
- Outros:
David Miranda
Puri Cabido - Area Negra
Daniel L. Abel - Asoc. UGBN
María Lago - Alcaldesa de Muros
Peña Muradana Celtista "Cuadrilla de Pepa a Loba"
A todos/as os/as nosos/as amigos/as que figuraron na manifestación
LETRA:
Tinta do mar, escrebo, cando toca
as escumas da letra e o seu son
obstinado de baixo contra a roca
da man a producí-lo en percusión
Oh, oh, oh...
Rítmico, o pensamento, o son leve
cai goteando o tempo
ao muíño teimoso que recebe
a água azul-negra da memória quente.
E o mar, e o mar, borra o nome escrito o mar.
Oh, oh, oh....

Пікірлер: 10

  • @joselitomiranda-editoraartner
    @joselitomiranda-editoraartnerАй бұрын

    A Banda da Loba, especialista em colocar música nos poemas galegos. Amovos.

  • @profenatic6138
    @profenatic61382 ай бұрын

    Excelente, chicas! Y con los versos de Luísa Villalta no podía ser mejor. Saludos desde Argentina❤

  • @martapedrosaagra2980
    @martapedrosaagra29802 ай бұрын

    Formidábel ouveo das Lobas! Viva na lingua de amar ó mar e á vida 💚

  • @mariaverbolopez9700
    @mariaverbolopez97002 ай бұрын

    genial obra de arte de todo tipo y denunciando la realidad, buena música, buena poesía, y justas razones. Enhorabuena chicas. Xenial obra darte transversal, e de denuncia do q está a pasar. Boa música, boa poesía e xustas razons. Noraboa rapazas. E em galego chegando lonxe

  • @adelavaamonde147
    @adelavaamonde1472 ай бұрын

    Con esta si que vos superaste! Mimá, que nivel!

  • @saletaameixeiras1112
    @saletaameixeiras11122 ай бұрын

    Orgullo de amigaaa! Lau!❤

  • @ivantouris
    @ivantouris2 ай бұрын

    Molades mil!! ❤❤❤❤❤

  • @HugoGuezeta
    @HugoGuezeta2 ай бұрын

    Moi chulo compas!

  • @AbandadaLoba

    @AbandadaLoba

    2 ай бұрын

    Grazas, compañeiro❤

  • @xosemarceloromeuherbon8356
    @xosemarceloromeuherbon83562 ай бұрын

    Mágoa que nada disto sirva para desPePerizar Galiza.

Келесі