MARÍA OBELLEIRO e LUÍS FERREIRO: Debate sobre os 1000 números editados de Nós Diario.

O pasado mércores 15 de novembro tivemos na Biblioteca de Verín o encontro aberto entre o mestre ex secretario do sindicato CIG na comarca de Monterrei, Luís Ferreiro e a directora de Nós Diario María Obelleiro, que veñen a celebrar os 1000 números editados do xornal galego.
O presente evento forma parte dun conxunto de actos que se están a realizar por distintas localidades galegas no que se busca un encontro, aberto a subscritoras/es, colaboradoras/es, lectoras/es e a toda persoa interesada no xornal, que é unha ponte entre os responsábeis de Nós Diario e a súa base lectora, desde a convicción de que o futuro do proxecto está en mans do seu corpo social, e moi particularmente, dos subscritores.

Пікірлер

    Келесі