As especies invasoras |XeoClip

Este vídeo pódese ver con actividades complementarias en www.xeoclip.com e en www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/
Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía, explicarán que son as especies autóctonas e alóctonas e como algunhas destas se poden converter en invasoras. Ao longo dun paseo polo campo, veremos especies que viñeron desde outros países debido á actividade do ser humano e agora son invasoras, como a vespa velutina, o cangarexo americano, o mexilón cebra, o sargazo, o visón americano, a tartaruga de Florida, a herba do coitelo, a acacia negra e o Eucalyptus.
Veremos o caso contrario, como especies nosas son invasoras noutros países, como é o caso do toxo.
Lembramos que para o seu uso didáctico é máis interesante facer as actividades interactivas a disposición nos enderezos arriba indicados.
Autoría: Noemí Díaz Vázquez e Xacobo de Toro Cacharrón
Material de ampliación do cal collimos planos recurso:
• Invasiones biológicas:...
• Invasiones Biológicas:...
Audiovisual realizado perante unha licenza retribuída e concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades
#youtubeiras

Пікірлер