Symphony No. 4 - Sinfonie der Lieder - Johan de Meij (Sinfonía das cancións)

Музыка

A 4ª sinfonía para voz solista, coro de nenos e banda de música está inspirada nunha variedade de poemas alemáns do século XIX. Os tres primeiros movementos usan letras da mesma fonte que empregou no seu momento Gustav Mahler: Kindertotenlieder (Canción á morte dos nenos) de Friedrich Rückert.
1) Ein Jahr ist nun geschwunden (Xa pasou un ano)
2) Wenn zur Thür herein (Cando túa nai entra pola porta)
3) Wiedersehn (Reunión)
A segunda metade da sinfonía continúa sobre o tema da morte, utilizando un poema de Heinrich Heine. As dúas últimas cancións, de Hugo von Hofmannsthal, son unha metáfora para o renacemento, a nova vida e a esperanza.
4) Zwei Brüder (Irmáns hostís), de Heinrich Heine
5) Vorfrühling (Inicio da primavera), de Hugo von Hofmannsthal
6) Liedchen des Harlekin (Canción do arlequín), de Hugo von Hofmannsthal
A sinfonía foi escrita a petición da Südtiroler Jugendblasorchesters (Orquestra Xuvenil de Ventos do Tirol do Sur) para o Festival Mahler en Dobaccio (Italia).
As letras (orixinais e traducións) pódense atopar en bandas.gal/evento/dende-a-voz...
Participan:
- Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela
- Integrantes da Banda Sinfónica Galega
- Escolanía da Catedral de Santiago
- Coro Cardenal Quiroga
Colaboran:
- Marina Penas (soprano)
- Gabriel Alonso (barítono)
- José Luis Vázquez (director dos coros)
Dirixe: David Fiuza
[SOCIAL]
Web: www.bandas.gal
Instagram: / fgbmp
Facebook: / fgbmp
Twitter: / fgbmp

Пікірлер

    Келесі