SES - CO XENIO DESTROZADO

Музыка

"CO XENIO DESTROZADO" O NOVO ALBUM DE SÉS
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011
'Admirando a condición', o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Пікірлер: 37

  • @brunomosquera8425
    @brunomosquera842510 жыл бұрын

    Ses e a hostia. Que orghullo de muller galega. Que siga asi. En Teixeiro queremoste

  • @yolandamalvar1558
    @yolandamalvar15587 жыл бұрын

    graciñas polo concerto, foi fermoso e inspirador, queríate da-las grazas por compoñer en galego, xa eran horas. Cando meu Alberto naceu, eu que son castelan falante ,para durmilo cantaballe en galego e a unica cancion que sabia era a Rianxeira mais, coma non son creinte, rechinabe moito, por iso ,cando escoitei con tambores de mar e voz de terra, chorei de emoción, semente de vencer tamén faime cantar, recuperei a ledicia de vivir.GRAZAS.

  • @charliepujol8489
    @charliepujol848911 жыл бұрын

    Triunfará si sigue la línea de Co Xenio Destrozado, es un gran tema, y se revela como una gran interprete con carisma. He escuchado otras canciones suyas y no me ha impresionado lo mismo que con esta.

  • @tamarasl6085
    @tamarasl60856 жыл бұрын

    Cada vez que "se me olvida" quen son veño aquí 🙌

  • @xaviercastro3120
    @xaviercastro312011 жыл бұрын

    Imaxinación, forza, espíritu libre, profundidade de pensamento, visión persoal, sen estereotipos... Canto tempo sen verte, creatividade valente! Noraboa pola música ós músicos, polo vídeo ós autores e polo demais a SES!

  • @charliepujol8489
    @charliepujol848911 жыл бұрын

    Flipo, me fascina.

  • @GalicianBanshee
    @GalicianBanshee11 жыл бұрын

    Gústame, ela ten moita personalidade, e tanto o tema como o videoclip están bastante ben producidos. Noraboa :)

  • @danieldasilvacampossilvaca6567
    @danieldasilvacampossilvaca65674 жыл бұрын

    Idioma galego muito lindo,eu quero aprender,é muito parecido com o português.

  • @xaimexabarda2425

    @xaimexabarda2425

    4 жыл бұрын

    Não precissas pa o galego bem falado e mesmo português

  • @antiagomez502
    @antiagomez5028 жыл бұрын

    xenial

  • @ElaHuguet
    @ElaHuguet10 жыл бұрын

    ***** oído por la radio (en directo), me he acordado de ti. :-)

  • @ElaHuguet

    @ElaHuguet

    10 жыл бұрын

    En Radio 3. :-)

  • @ElaHuguet

    @ElaHuguet

    10 жыл бұрын

    Mucho! (^o^)

  • @mariajosearaujoledo3493
    @mariajosearaujoledo34933 жыл бұрын

    Jracias!!!.minhA xente@s.

  • @thaliab4427
    @thaliab44279 жыл бұрын

    Vinte tocar en Arzúa e encantoume

  • @lika405
    @lika4057 жыл бұрын

    NIVEL DIEZ en transmitir con un mensaje un baile una sonrisa un sentimiento unico gallego... es mejor que el polvo a mugardesa cun barrantes :D GENIAL.

  • @mariajosearaujoledo3493
    @mariajosearaujoledo34933 жыл бұрын

    Grazas Ses quen sexa que faga esta música...alento

  • @oscardossantossouto4188
    @oscardossantossouto41886 жыл бұрын

    Moi bo!

  • @rubenbotana8484
    @rubenbotana84849 жыл бұрын

    Parece que isto está moi morto que non habita en min ninguén que me mirou de lado un torto que superei os límites que mañá non o hei ver distinto nin direi outra vez será que nin che importa nin che minto e se me mintes éme igual. Unha vez quixen sen motivos Sen a menor das condicións Coa independencia dos esquivos e a lealdade das lexións supediteime e soltei lastre e vinme a cen metros de min e superei aquel desastre pero ante todo comprendín. Que eu nin podo nin quero nin debo volverme fiar Da cultura da media verdade, da estafa legal. Que eu xa corto e deserto e me aparto de toda moral que aprendín moito máis cuestionando o saber popular. E xa virán tempos mellores Que non choviu sen escampar E só tes risas se tes dores E non hai loita que librar Que sempre houbo ricos e pobres E as pulgas a can fraco van Que a moito ruído, poucas noces E onde hai fume o lume está. E hai que gardar sempre das risas Que non se mama sen chorar Que non se pode estar na misa E ir para fóra repicar Que o tolo vai onde van todos Vicente vai no pack tamén E sempre andamos un por outro E a puta casa sen varrer. Que as nenas xogan con bonecas E os rapaciños con balón E a min sacábamas da caixa O meu veciño Juan Ramón Que o ateísmo é satanismo Porque algo máis terá que haber E viva o individualismo e o santo cu de cada quen. Que os homes son coma o bo viño Que sempre tende a ir a mellor E eu coñezo algún pobriño Que xa onde vai que se picou. E que se os extremos son malos E as medias tintas son xeniais E eu co xenio destrozado E eles a destrozarmo máis

  • @d.viajes3882

    @d.viajes3882

    6 жыл бұрын

    Ruben Botana Grazas, grazas, grazas!! 😍 En serio me gusta el gallego y quiero aprender, no te imaginas cuánto agradezco que pongas la letra!

  • @danieldasilvacampossilvaca6567

    @danieldasilvacampossilvaca6567

    4 жыл бұрын

    A letra moito boa,bem loco

  • @diegof.g8502
    @diegof.g85026 жыл бұрын

    encantame esta xente, non son máis bos porque coido que xa non se pode. I a nena canta que morres do ben que o fai.

  • @omaio1
    @omaio111 жыл бұрын

    ghran vozzz,si señoraaa

  • @hlargo6296
    @hlargo62967 жыл бұрын

    Flipaos é dicir pouco

  • @camilogrilla
    @camilogrilla11 жыл бұрын

    Voz de estrela e parece que non o ten creido. Un descubremento de Sole

  • @ManuelRCrespo
    @ManuelRCrespo10 жыл бұрын

    Moi boa.

  • @danielrodriguez-we1bk

    @danielrodriguez-we1bk

    10 жыл бұрын

    Jajajajajajajajajajajaj

  • @danielrodriguez-we1bk

    @danielrodriguez-we1bk

    10 жыл бұрын

    Que pintas

  • @goki2513

    @goki2513

    10 жыл бұрын

    Di que sí, majo. Habla de las pintas que tiene un hombre normal. Tú, con orejas de soplillo, peinado cani, cani, y camisa con el cuello levantado, muy ochentero. SÍ SEÑOR. Pa la Cibeles.

  • @maria1952gato
    @maria1952gato10 жыл бұрын

    me encanta su compromiso y su registro de voz,pero tiene que renovar los videos.

  • @xosequintans4046
    @xosequintans40469 жыл бұрын

    Os extremos son moi malos e as medias tintas son xeniais (8)

  • @kukocorageus
    @kukocorageus7 жыл бұрын

    rockabilly galego? son bon sés cia.

  • @d.viajes3882
    @d.viajes38824 жыл бұрын

    Alguien me enseña galego?

  • @joseramonordonez8082
    @joseramonordonez808210 жыл бұрын

    Que vivan as perroflautadas da galiza

  • @mariajosearaujoledo3493
    @mariajosearaujoledo34933 жыл бұрын

    Me cajo en dior muller..!!.fas ti mais pola dignidade,cultura,música ,feminismo.. etc.deixen de ser choucha )aljo menos grazas a tua valentia .

Келесі