O DEZASEIS | Uxía ft. Guadi Galego

Музыка

O DEZASEIS
Tema que conmemora os 25 anos do restaurante Dezaseis de Compostela.
Letra e música: Uxía
Guitarra e cavaquinho: Sérgio Tannus
Voces: Uxía e Guadi Galego
Arranxos: Sérgio Tannus
Gravación e mestura: Sérgio Tannus
Vídeo: Karlos Abal
Coordinación vídeo e fotos de archivo: Zalo e Karlos Abal
www.dezaseis.com
Rúa de San Pedro, 16, Santiago de Compostela
Letra:
Unha vida enteira
nunha casa de xantar,
se as paredes falasen
canto nos ían contar,
das conversas, os cantos,
fados, mornas e alalás,
lerias e enredos da xente
de aquí e de acolá
De primeiro, unha cunca de caldo
e unha aperta de Suso
De segundo, polvo á feira
para quen o queira
De sobremesa
un doce que ven do alén
de quen acendeu
o tempo sen tempo
do Dezaseis
Compostela florece
na rúa de San Pedro
onde agarda un viño
para andar o camiño
un anaquiño de pan
e o cariño no padal
Que soe a Berenguela
e eu cantarei
co doce sabor
do Dezaseis
Que soe a Berenguela
e eu cantarei
na nosa casa
O Dezaseis

Пікірлер: 3

  • @mariafernandamoco8545
    @mariafernandamoco85452 ай бұрын

    Lindo!!!

  • @JesusMolinero
    @JesusMolinero3 жыл бұрын

    Hermosa tu voz y tus composiciones.Muy grato fue verte en vivo en la Plaza del Pilar de Zaragoza en 2019 en plenas fiestas .

  • @bernardoalbertocalvo2548
    @bernardoalbertocalvo25483 жыл бұрын

    FELICITOCHE,ERES MAGICA CANTORA.ABRAZOS DESDE ARGENTINA DE OTRO CANTAUTOR.

Келесі