NALINGUA, podcast 5: Memorias dun neno labrego

Ойын-сауық

Remata a serie de podcasts 'NALINGUA, lecturas dun neofalante', conducido por Sergio Pascual: "Desde que cheguei a Galicia souben que un libro que tiña que ler era 'Memorias dun neno labrego'. Polo que teño entendido, o libro máis lido e traducido da literatura galega. Para min, o mellor xeito de entender Galicia e a súa xente. E todo da man e voz dun rapaz especial, dun tal Balbino, dun tal Xosé Neira Vilas".
Un podcast de Laboratorio de Radio para VINTE co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Músicas empregadas:
Forro e Unha canción rosa, de Sabela Caamaño, Antía Ameixeiras e Pedro Pascual.
Nalingua orixinal, de David Brea.
D´aquí vexo os seus campos, Melodia Gallega, de Ignacio Tabuyo (1911).
Campás Chamando Á Misa En San Simón, Consello da Cultura Galega.
Deseño: Isa Vila

Пікірлер

    Келесі