Guadi Galego - Vas cara arriba (Festa do Queixo de Arzúa, 03/03/2024)

Музыка

Corría un mes sen días
Nen noites
Sachabas co teu corazón.
A bágoa que brotou
Era negra
Da terra que entrou co perdón.
Eras ti tan clara e serea
Auga do mundo eras ti.
Ti cravando eterna na area
Sementes do voso porvir.
Morreu a fera
Ficou a nena.
A dureza toda quedou na area.
Vas cara arriba
Ti es a luz do luar.
A túa espiña foise
Voltouse rosa de verán.
A nena volveuse sol,
Sol que secou as bágoas,
As bágoas que penduran
Do rostro daquela fera
Agora dorme contigo
E olla como te achegas.
Olla polos seus ollos
A ver que aprendes dela.
Vas cara arriba
Ti es a luz do luar.
A túa espiña foise
Voltouse rosa de verán.

Пікірлер

    Келесі