Federico Pérez: “Quen prohibe o seseo na televisión, que mire tamén a fonética sen sete vogais”

Federico Pérez nace na Alemaña en 1976 aínda que crece en Mazaricos. Estuda Filoloxía galega en Santiago de Compostela e, ao remata-los estudos, entra no sector audiovisual traballando como asesor lingüístico na serie Mareas Vivas. Federico Pérez vai facendo carreira non só como asesor lingüístico senón tamén como guionista e intérprete. Traballa como actor no programa de sketchs Air Galicia, na serie Padre Casares ... aínda que o papel que máis o populariza é Moncho en 'Era Visto!'. Federico Pérez conta cun Premio Mestre Mateo pola súa interpretación no filme 'Trote' e ten traballado tanto para a televisión como para o cine e o teatro. De feito, o 19 de abril estreará '+Cuñados', a secuela dunha das comedias galegas de maior éxito.
Quedamos con el na Facultade onde estudou, en Filoloxía Galega da USC. Falamos da súa traxectoria profesional, da lingua, da ficción e tamén da realidade que hoxe se vive no audiovisual galego.
#RostrosdoPaís #FedericoPérez #Entrevista #Galego

Пікірлер: 9

  • @AGALnh
    @AGALnhАй бұрын

    Uma entrevista fantástica!

  • @rubenfernandezvillarino8404
    @rubenfernandezvillarino84043 ай бұрын

    Cómo mola este Home!

  • @SofieFurtwangler
    @SofieFurtwangler3 ай бұрын

    No Brasil falam galego-brasileiro 👏🏼

  • @josemanuelsoutolamas7188
    @josemanuelsoutolamas71883 ай бұрын

    A Crtvg, até que pase polo BNG, esquécete.

  • @cooperick
    @cooperick3 ай бұрын

    excelente entrevista de um galego assumudo

  • @davidp.7620
    @davidp.76203 ай бұрын

    “Quen prohibe o seseo na televisión, que mire tamén a fonética sen sete vogais” Os teus termos son.. aceptables!

  • @Miguel-tp8bk
    @Miguel-tp8bk3 ай бұрын

    A fonética tenhem-na já moi moi bem mirada e o baremo tenhem-no moi moi claro. A grafia já é castelhana e a pronúncia tamém. A prioridade sempre foi aprender a falar e escrever bem o castelhano sem erros, e como o galego nom podia ficar relegado, a soluçom foi substituí-lo polo castellego que, amais, nunca será umha ameaça e sempre será desprezado fronte ò castelhano.

  • @natxopereiro
    @natxopereiro3 ай бұрын

    False da desfeita da lingual e no encabezamento a voz en off di "crece" no canto de "medra", no galego RAG. 🤷🏼🤦🏼‍♀️

  • @ballsxan
    @ballsxan3 ай бұрын

    Totalmente. E quen corrixa a "falta de vocalización".

Келесі