Candombe de Sta Mariña - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Axúdame a sentir, 2024)

Музыка

Candombe de Sta Mariña (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre)
Nosa Señora da Barca
que lle dou aos arremeiros?
Auga da súa fontiña,
sombra dos seus castiñeiros.
Santa Mariña vai nela.
Se marcha Santa Mariña,
eu tamén me vou con ela.
Veñen as lanchas entrando
cargadiñas de sardiña.
Son mariñeiros de Arou,
mozos de Santa Mariña.
Eí vén o meu mariñeiro,
eí vén a sardiña toda,
eí vén o meu queridiño.
Veu sentadiño na proa.
Eí vén o aire do mare,
eí vén o aire mareiro,
eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.

Пікірлер

    Келесі