Bidueiral de Montederramo - 22 xuño 2024 - Roteiros Galegos

Спорт

‪@Roteirosgalegos‬
Visitamos un dos bosques máis senlleiros de Galicia: o bidueiral de Montederramo, incluído dentro da Rede Natura. A súa principal característica é a enorme cantidade de bidueiros (Betula pubescens) que ten, sendo a especie predominante, aínda que hai outras como o acivro ou o capudre. A primavera e o comezo do verán, son unhas das mellores épocas para visitalo xa que se ven as árbores coas follas novas e os musgos e liques rechamantes de verdor. Rodeando o bosque, as zonas de mato predominan na paisaxe coas uceiras e as carqueixas en flor. Hai tramos con amplas vistas panorámicas sobre gran parte da provincia de Ourense.
A ruta é longa, xa que supera os 20 quilómetros, pero en xeral pódese dicir que é moi cómoda xa que aínda que ten desnivel, a pendente é levadía e a ruta vai por unha pista ampla.
Lonxitude: 21,8 km
Desnivel: medio
Dificultade: baixa-media.

Пікірлер

    Келесі