Alalá nº 89 "Os Barrios de Chantada"- TVG

Музыка

ALALÁ Nº 89
“OS BARRIOS DE CHANTADA”
DATA DE EMISIÓN en Televisión de Galicia: 08/12/08
“OS BARRIOS DE CHANTADA”: Desde o século XIX, este CUARTETO HISTÓRICO, dos mais importantes da música tradicional galega, non deixou de tocar xamais.
Os barrios bautizáronse así porque desta aldea de “Os Barrios” saíron os músicos que comezaron con este cuarteto tradicional. O que iniciou esta longa historia foi José Argiz e un dos seus fillos, Graciano, que foi ata o dous mil cinco un dos piares desta histórica agrupación.
O longo da súa existencia foron moitos os componentes que pasaron polos Barrios, pero non deixaron de tocar xamais. Ese é o seu valor engadido, a súa resistencia, coitando contra guerras e sobre todo contra a infravaloración do gaiteiro nos anos sesenta.
“Unha vida paralela”, niso se traducía a música para todos eles, e aínda que sólo con este ingreso era difícil manter unha familia o seu caché foi subindo desde os dous reais por cabeza que cobraban antes da Guerra ás cinco mil pesetas dos anos oitenta. Onde estaban os Barrios non se movía nin un alma nas festas, nas grandes e nas pequenas.
A época das festas empezaba por Maio e remataba en setembro, botaban ata quince días fora da casa. E durante moitos anos tiveron ata unha especie de contratista, un tal “Chus da Pepa” o que lle buscaba as festas
Na actualidade, algúns dos seus componentes levan mais de trinta anos tocando e agora queren que se incorpore xente nova, o relevo xeracional tan importante para que agrupacións deste tipo non queden só para o recordatorio.
No Alalá desta noite coñeceremos a cada un dos actuais componentes dos barrios, saberemos o que senten, tódolos seus recordos e, sobre todo, cal é a receita para estar tanto tempo en activo.
Seguramente, despois de ver este programa algún gaiteiro ou gaiteira se anima e se achega ata “Os Barrios”. Deste xeito estará garantizada a pervivencia duns “históricos” da música tradicional galega.

Пікірлер: 1

  • @elfarras8226
    @elfarras82268 жыл бұрын

    Poderiades poñer un video das musicas completas dos barrios por favorr.Graciass

Келесі