Alalá nº 48 "Juanjo Fernárndez" - TVG

Музыка

ALALÁ Nº48 - Juanjo Fernárndez
Emisión na Televisión de Galicia: 24 de abril de 2007
A historia do Alalá desta noite é a dun mozo que naceu en Madrid. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ve-lo fútbol ó Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tuvera algo de formación musical para acompaña-la banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento no que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía pegar un xiro de 180 grados.
Despois de remata-lo servizo militar Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi olvidando as cordas da guitarra, substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ó lombo. Case sen darse conta foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París… pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de da-la súa primeira nota aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumplir o soño que o alimentaba dende que saíu da mili: ser gaiteiro.
Hoxe en día despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos principias investigadores sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral “toque pechado”, unha forma de toca-la gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir coma galego e converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia

Пікірлер: 5

  • @AnzitoV
    @AnzitoV Жыл бұрын

    Grazas a videos coma este de Alalá, aprendo moito sobre Folclore Tradicional e, despois de 11 anos neste mundo (teño 14), podo dicir que estou no momento no que máis aprendo polas marabillas que vexo e leo. GRAZAS

  • @FrancescPunsola
    @FrancescPunsola3 жыл бұрын

    Que bonito este entusiasmo e seriedade pra el studio deste instrumento. Un veritable ejemplo pra todos.

  • @Thetoniol11
    @Thetoniol116 жыл бұрын

    Minuto 8 e 55 segundos,Jose Perez Mirou máis coñecido por Pepe "O Gato" co Bombo e Antonio de La Peña Barbosa " O Diamante",co Charrasco ,grandes do folclore popular da zona de Lavadores(Vigo), .D.E.P xa non estan entre nós.

  • @Houspeliculas
    @Houspeliculas6 жыл бұрын

    Hola Juanjo, no sé si eres el Juanjo que yo conozco, pero me atrevo a escribirte. De manera inesperada, ha llegado a mí un vídeo de una de tus actuaciones y no me pude resistir. Soy Carmen de la Casa. Si me recuerdas, porfi, ponte en contacto. Me encantaría saber cómo estás.

  • @pepef5200

    @pepef5200

    6 жыл бұрын

    UN SALUDO PARA ESTÉ MADRILEÑO GALEGO QUE ES DEMASIADO....

Келесі