Alalá nº 174 "Os instrumentos musicais na tradición galega, con Pablo Carpintero" - TVG

Музыка

Visita a nosa canle: alala.crtvg.es
Alalá nº 174 "Os instrumentos musicais na tradición galega, con Pablo Carpintero" - TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 09/02/11
Se alguén nos preguntara cántos instrumentos pode haber na música tradicional galega seguramente non saberíamos dicir máis de quince ou vinte. Unha parte moi pequena dos máis de 150 que Pablo Carpintero descrebe con todo detalle no seu libro “Os instrumentos musicais na tradición galega”. Desde como se tocan e como se constrúen ata a súa historia: en que circunstancias se tocaban, quen, cando e para que os tocaba e de ónde proceden. Cincocentas páxinas cheas de información clara, fotografías e debuxos froito de vinte anos de investigación minuciosa que demostra que Galicia é, comparativamente, un dos lugares con máis riqueza musical do planeta.
Este musicólogo que é ademais doutor en Ciencias, artesán e gaiteiro deulle varias voltas a Galicia para recoller a información directamente dos portadores. Dos músicos e dos artesáns. E buscando nos arquivos, nos textos, nos cancioneiros, buscando fotografías e iconografía que o axudase a entender mesmo o funcionamento de instrumentos que xa non existen.
O libro foi durante meses o máis lido en lingua galega e recibiu o premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio. Ata chamou a atención da Unesco, que elixiu a Pablo para formar parte dun comité de doce persoas de todo o mundo que escollerán as obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da humanidade deste ano.
720p

Пікірлер: 7

  • @isabelcampana5796
    @isabelcampana57963 жыл бұрын

    Parabens por este programa. Unha gran lección de intrumentos tradicionais.

  • @salustianomunozdoblas1667
    @salustianomunozdoblas16676 ай бұрын

    Que bueno

  • @emanuel9160
    @emanuel91608 жыл бұрын

    Aplausos de pe! Parabens a Pablo por seu traballo!

  • @filolixa3381

    @filolixa3381

    7 жыл бұрын

    Mema Cordobes g

  • @marialuisagarciagomez5919
    @marialuisagarciagomez59193 жыл бұрын

    Muy Vueno

  • @gwendalo1144
    @gwendalo1144 Жыл бұрын

    Galiza terra Meiga!!!..🤗🤗🤗😘😘😘

  • @toniserradel
    @toniserradel3 жыл бұрын

    moi interesante o da construción de instrumentos con elementos da natureza

Келесі