Alalá nº 135 "Carlos do Viso"

Музыка

Alalá nº 135 "Carlos do Viso" - TVG
Emitido en Televisión de Galicia: 2-2-2010
Visita a nosa canle: alala.crtvg.es
LUGAR: O VISO
Artesán, cego e músico, tres persoas nun só ser. Esta noite Alalá con Carlos do Viso.
O protagonista do Alalá desta noite é un ser terreal, pero no que nun mesmo corpo existen tres persoas con tres dones distintos. Por un lado, o Carlos do Viso artesán, no seu taller constrúe zanfonas, pandeiros, pandeiretas, tambores, guitarras... Carlos ten o don da creación instrumentos.
No mesmo corpo e alma de artesán habita outro ser: o cego. Maniféstase para cantar en feiras, festas e mercados e alí onde o invoquen por teléfono. No programa de hoxe será o fío condutor que nos irá narrando a complexa historia de Carlos do Viso, porque o cego ten o don da palabra.
O terceiro ser de Carlos fai milagres: converte o sangue en viño, só de cando en vez e si hai boa compaña para tocar, eso si, dá igual que sexa nun auditorio ou nos furanchos do Viso, porque o seu terceiro don é a música.
En total; tres persoas nun só ser tan divino como terrenal que esta noite poderedes coñecer na TVG: No nome do artesán, do cego e do músico: Esta noite Alalá con Carlos do Viso.
720p

Пікірлер: 5

  • @rogeliocabadoferro7162
    @rogeliocabadoferro71628 жыл бұрын

    Es maravilloso escuchar a tantos artistas Galegos eu que levo tantos anos fora da miña terra hay veces que me entra a mrriña . Que no decaiga el folclore Galego.Un forte abrazo dun Gaiteiro( Emigrante)

  • @pepitojorge7340

    @pepitojorge7340

    5 жыл бұрын

    ZEE

  • @amparolema6170

    @amparolema6170

    2 ай бұрын

    Qué ...maravilla ...

  • @JonathanC.
    @JonathanC.8 жыл бұрын

    Gran artesán, e gran persoa.

  • @manuelferriopombo6311
    @manuelferriopombo63113 жыл бұрын

    a voz da para entender haha

Келесі