Alalá nº 10 "Pazos de Merexo" - TVG

ALALÁ capítulo Nº 10 "PAZOS DE MEREXO"
Data de Emisión TVG: 18 / 04 / 06
Manuel anda rondando os oitenta anos pero segue mantendo a mesma mirada viva e curiosa de cando era novo e andaba tocando polas festas co seu acordeón diatónico. Sempre foi coñecido como Pazos de Merexo, Pazos polo apelido, Merexo polo lugar no que sempre vivíu, en plena ría de Camariñas. Ata alí achegouse o equipo de Alalá para compartir con el unhas horas de música e conversa. Porque Pazos é un gran conversador, un home afable que fala das cousas da vida coa experiencia de quen xa pasou por case todo. Coñece vellas historias do mar e da terra, xa que Pazos sempre viviu á carón do már pero está máis pegado á terra, de feito el é labrego como a maioría dos que viven en Merexo. Con el saberemos como eran aquelas festas ás que ía tocar co seu primeiro acordeón. Regalárallo un amigo de seu pai que viñera de Arxentina, como moitos emigrantes da zona que, naquela época, ían e viñan. Pazos aprendeu a tocar de oído, practicando horas e horas, ata converterse nun músico de moita sona. Chamábano de todas partes ata que apareceu o acordeón de piano, entón os diatónicos pasaron de moda. Agora moitos músicos novos recuperaron este instrumento, entre eles Brais Maceiras -que toca habitualmente con Susana Seivane- a quen veremos tocando

Пікірлер: 6

  • @w.anibalestramil6417
    @w.anibalestramil64172 жыл бұрын

    Un admirable ejemplo de vida este señor, !!!

  • @user-wf2tl4mz1r
    @user-wf2tl4mz1r6 ай бұрын

    😂❤

  • @antoniodelatorrejunquera390
    @antoniodelatorrejunquera3906 жыл бұрын

    Grande Pazos. E un exemplo pros músicos de agora...

  • @antoniodelatorrejunquera390
    @antoniodelatorrejunquera3906 жыл бұрын

    Cando eu era un neno había un home que tocaba o acordeón , chamabase o Sr. Ramón de Vieites, e había emigrado as Américas, como dixo o Sr. Pazos.

  • @antoniodelatorrejunquera4682
    @antoniodelatorrejunquera46826 жыл бұрын

    O talento nace con quen o ten e non hai escola que o acrecente. E algo que lle costa creer a xente con estudios, pero no hai maneira de que sea de outra forma vendo a os autodidatas xeniales coma Pazos de Merexo.

  • @fermac2779
    @fermac27793 жыл бұрын

    Me gustaría saber cómo se llama la música y quién la toca que acompaña la previa a la nota.